Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14416

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención do sistema local viario e de espazos libres en Lamadosa.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 30 de decembro de 2016, acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para a obtención do sistema local viario e de espazos libres en Lamadosa. O importe do presente proxecto de expropiación ascende a 33.682,44 € e existe crédito adecuado e suficiente no orzamento de 2016 con cargo á partida 30.151.600.05 de adquisición de solo. Actuacións varias; código 36A, pendente de establecer código de proxecto.

Segundo. Optar polo procedemento de taxación conxunta para a tramitación do expediente.

Terceiro. Requirir os interesados titulares de bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios destas.

De conformidade co disposto no artigo 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigo 293 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016), o citado expediente sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren pertinentes, en particular, no que atinxe a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Para estes efectos, indícase que o expediente pode consultarse durante o prazo dun mes nas dependencias da Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (rúa de Indalecio Prieto, nº 1), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 30.12.2016)
Hipólito Pérez Novo
Director da Área de Rexeneración Urbana