Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/145-2, 8454 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMTS (20 kV), CT e RBT rolda da Muralla, 27-30.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV formada por un tramo de liña nova con orixe no CT proxectado rolda da Muralla, 27-30, e final no CT Porta de San Pedro (6815), desprázase un tramo de liña existente, CT Noreas-CT San Pedro ata o CT proxectado rolda da Muralla, 27-30, cunha lonxitude de 150 metros de condutor tipo RHZ1-240.

2. CT non prefabricado rolda da Muralla 27-30, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Liña soterrada de baixa tensión con orixe no CT proxectado rolda da Muralla, 27-30, formada por cinco circuítos en condutor tipo RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 1 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo