Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/140-2, 8449 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT para NS 40976 San Marcos, 4-6.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV en canalización proxectada (38 metros) e existente con orixe nun empalme proxectado na LMT existente entre o centro de repartición Conde e o centro de transformación Rivadeneira, entra e sae no centro de transformación proxectado San Marcos, 4-6, e remata no centro de transformación Rivadeneira, cunha lonxitude de 466 metros en condutor tipo RHZ1-240.

2. Centro de transformación non prefabricado San Marcos, 4-6, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Liña soterrada de baixa tensión (obra civil), cunha lonxitude de 3 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 1 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo