Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública (expediente 29/2016.PED).

Mediante a Resolución da Alcaldía 368/2017, do 14 de febreiro, aprobouse inicialmente o expediente 29/2016.PED, tramitado por instancia de Construcciones Navila, S.L., de estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións entre os números 20 e 28 da avenida Alcalde Manuel Platas Varela, de acordo co proxecto técnico asinado con data de novembro de 2016 pola arquitecta María Dolores Crespo Chouza.

En virtude do disposto polo artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia. Con carácter previo publicarase este anuncio nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo poderase examinar o contido do estudo de detalle no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas), así como no seguinte enderezo electrónico: http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/7837, e presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Así mesmo, resolveuse suspender o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición na parcela catastral 1763926NH4916S.

Arteixo, 21 de febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente