Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de marzo de 2017 pola que se notifica requirimento do 16 de febreiro de 2017 de retirada de vehículo, con matrícula 5231BNX, abandonado no dominio público portuario do porto de Noia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Luis da Costa Ferreira, con DNI X4804740V, en tanto que propietario do vehículo marca Seat, modelo Córdoba, con matrícula 5231BNX, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo oficio denuncia da Garda Civil do 14 de xaneiro de 2017, o vehículo que se indica, atópase abandonado desde hai tempo na rúa Pedra Sartaña, non ten en regra a ITV, nin dispón de seguro obrigatorio.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106.1 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Noia.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá en consecuencia ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, se ben, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia