Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 6 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade (expediente 2015/25-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 6 de marzo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2015/25-36.

Interesada: Andrea Moreno Portela.

DNI: 36176869P.

Asunto: mantemento de tutela e modificación do acollemento.

Efectos xurídicos: notificación dunha resolución administrativa do 6 de marzo de 2017.