Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2016/28-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle ao interesado que se relaciona no anexo a resolución e o requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia xunto coa carta de pagamento.

Contra a resolución do expediente de referencia, o interesado ou o seu representante dispoñen do prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo competente, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Comunicáselle que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento en período voluntario deberase facer nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nas letras anteriores, exixiranse en vía de constrinximento.

Pontevedra, 10 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2016/28-4.

Interesado: José Antonio Bouzas Barros.

CIF: 76817195R.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador e carta de pagamento de expediente sancionador.