Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de industria.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícaselle a Benjamín Herrero Prada, con último enderezo coñecido en Veira do Cabo, s/n, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o acordo de incoación do expediente sancionador pola causa prevista no artigo 33.3.m) do Decreto lexislativo 1/2015, o artigo 31.2.m) da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e polo artigo 5 do Real decreto 88/2013, polo que se aproba a ITC AEM 1 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención aprobado polo Real decreto 229/1985, do 8 de novembro.

O interesado dispón dun prazo de vinte días, contados a partires do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente sancionador proseguirá a súa tramitación.

Ourense, 13 de marzo de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense