Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00195-O-2017 e cinco máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores XC-00195-O-2017 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00195-O-2017

N550

Pouso, C.B.

E70317474

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

28.9.2016; 15.53; N550; 44,000

Art. 142.4 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-00210-O-2017

5629-FWL

Gimeno Serra, Enrique

73909773D

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

13.10.2016; 19.52; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00272-O-2017

3419-JLW

Transportes García de la Fuente, S.A.

A28227742

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

25.10.2016; 18.46; AP-9 M; 1,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00365-O-2017

3952-BMG

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte regular de escolares carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

1.12.2016; 9.59; AC-524; 0,05

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

XC-00371-O-2017

3703-GKM

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte público discrecional de viaxeiros en vehículos de máis de 9 prazas, sen levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestalos ou que resulte exixible para a determinación da clase de transporte que se está realizando.

1.12.2016; 8.30; AC-524; 0,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-00372-O-2017

3703-GKM

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Realizar transporte regular de escolares carecendo de autorización sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, cumpríanse todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente sancionador.

1.12.2016; 8.30; AC-524; 0,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros