Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, do Servizo da Delegación Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52 - N-525, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela (clave OU/08/053.01.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 29 de decembro de 2016, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obras da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52 - N-525, clave OU/08/053.01.1, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela polo Decreto 192/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2017.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela, para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de San Cibrao das Viñas.

Lugar: centro social de San Cibrao das Viñas.

Data: 6 de abril de 2017, das 9.00 ás 14.00 horas, desde a letra A ata Iglesias Daquinta, Celso.

Data: 7 de abril de 2017, das 9.00 ás 11.00 horas, desde Iglesias Lage, Adolfo ata a letra Z.

Termo municipal de Taboadela.

Lugar: casa do concello de Taboadela.

Data: 7 de abril de 2017, das 12.00 ás 14.00 horas, desde a letra A ata a letra Z.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, nº 1).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar á súa costa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, nº 1), as alegacións que estimen pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Ourense, 6 de marzo de 2017

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Ourense