Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 13884

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Advertidos erros na publicación da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 9 de febreiro, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:

Na páxina 6166, expositivo segundo, parágrafo primeiro, onde di: «…familias numerosas e discapacitados…», debe dicir: «…familias numerosas e persoas con discapacidade…».

Na páxina 6179, punto Dous do artigo 1, onde di: «Sete. Dedución por adquisición de vivenda habitual por discapacitados…», debe dicir: «Sete. Dedución por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade…».

Na mesma páxina 6179, punto Tres do artigo 1, onde di: «Oito. Dedución por adquisición de vivenda habitual e por constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento, por discapacitados…», debe dicir: «Oito. Dedución por adquisición de vivenda habitual e por constitución de préstamos hipotecarios destinados ao seu financiamento, por persoas con discapacidade…».

Na páxina 6209, no número 50) do punto Dous do artigo 3, onde di: «*Distribución de hidrocarburos: 1,58 €/m2», debe dicir: «*Distribución de hidrocarburos: 1,58 €/m».

Na páxina 6215, punto Un do artigo 10, na terceira columna do encabezamento da táboa, onde di: «Grupo», debe dicir: «Subgrupo».

Na páxina 6215, punto Dous do artigo 10, na segunda columna do encabezamento da táboa, onde di: «Subgrupo», debe dicir: «Grupo».

Na páxina 6216, punto Tres do artigo 10, na última columna, a titulación de graduado en ESO ou equivalente é para todas as especialidades da escala de bombeiro forestal e non só para a de operador de datos.

Na páxina 6259, onde di: «Artigo 35. Achega de fondos privados ao desenvolvemento de proxectos de I+D no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia», debe dicir: «Artigo 35. Achega de fondos privados ao desenvolvemento de proxectos de I+D no ámbito do Sistema público de Galicia».

Na páxina 6260, punto Un do artigo 35 onde di: «...proxectos de I+D polo Sistema público de saúde de Galicia...», debe dicir: «...proxectos de I+D polo Sistema público de Galicia...».