Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 13883

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Advertidos erros na publicación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 9 de febreiro, procede facer as oportunas correccións no sentido que se indica a continuación:

Na páxina 5896, no artigo 9, punto Un, onde di: «…Sen prexuízo do indicado na alínea o) do artigo 5...», debe dicir: «...Sen prexuízo do indicado na alínea ñ) do artigo 5...».

Na páxina 5963, dentro do anexo IV, onde di: «...Integración social (Plan vello).

Realización e plans de obra...»,

debe dicir: «...Integración social (Plan vello).

Radioterapia.

Realización e plans de obra..…».