Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13768

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

BDNS (Identif.): 338252.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As entidades sen ánimo de lucro.

d) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible (código procedemento IN421G).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 14 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Cuarto. Contía

1. A contía global da convocatoria ascende a 4.665.662,00 euros. O financiamento da convocatoria correspondese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e financiamento privado nun 20 %.

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Importe

Administración pública autonómica

Administración pública local

Empresas e autónomos

Entidades sen ánimo de lucro

09.A2.733A.714.2

09.A2.733A.760.5

09.A2.733A.770.5

09.A2.733A.781.1

1.300.000,00 €

1.015.662,00 €

2.000.000,00 €

350.000,00 €

Total

4.665.662,00 €

2. A contía da subvención será dun 80 % do custe elixible no caso de que os beneficiarios sexan:

a) Entidades locais.

b) Sector público autonómico.

A contía da subvención será dun 50 % do custo elixible no caso de que os beneficiarios sexan entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica), así como empresas, as súas agrupacións e asociacións e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais.

3. A contía máxima da axuda por proxecto será de 200.000 € e por solicitante de 1.000.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na páxina web do Inega, www.inega.gal

Xunto coa solicitude presentaranse electrónicamente, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia