Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 548/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 548/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Iglesias Requeijo contra a empresa Fermaclima, S.L., foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«1º. Que, estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Iglesias Requeijo contra a entidade Fermaclima, S.L., debo condenala e condénoa a aboar ao demandante a cantidade de 1.917,09 € en concepto de salarios atrasados e compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementada cun xuro do 10 %, contabilizado no modo indicado no fundamento xurídico segundo da presente resolución, e a de 2.128 € en concepto de indemnización por extinción de contrato, que deberá resultar incrementada co xuro legal do diñeiro computado na forma referida no mesmo ordinal.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a estar e pasar pola condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra ela, poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se for o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermaclima, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza