Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13720

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se lle dá publicidade á celebración da sesión constitutiva do Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

En virtude da autorización contida no artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, créase a través do Decreto 118/2016, do 4 de agosto, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e apróbanse os seus estatutos.

O artigo 8 do Decreto 118/2016 establece como órgano de goberno do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o Consello Reitor.

A disposición adicional terceira do Decreto 118/2016 indica que o inicio da actividade do Instituto Galego do Consumo e da Competencia se producirá coa celebración da sesión constitutiva do seu consello reitor.

Na súa virtude, e logo de convocatoria polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia realizou a súa sesión constitutiva o día 13 de marzo de 2017, polo que esta consellería

RESOLVE:

Ordenar que se publique no Diario Oficial de Galicia que con data do 13 de marzo de 2017 tivo lugar a sesión constitutiva do Consello Reitor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria