Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 20/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 20/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Tubío Rey contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Acordo despachar execución da sentenza do 30 de setembro de 2015, ditada no procedemento ordinario número 354/2014, a favor de Víctor Manuel Tubío Rey fronte a Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L., polo importe de 5.118,38 euros e polo importe de 794 euros fronte a Hipescar, S.L., máis a cantidade de 511,8 euros en concepto de xuros e custas da presente execución, sen prexuízo esta última cantidade de posterior liquidación.

Non procede despachar execución fronte a Aceuve Mantenimiento, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza