Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2017 Páx. 13806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 159/2016).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 159/2016, por instancia de Eduardo Varela Amor contra a executada Transcerofer, S.L. e César Rodríguez Fernández, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 2 de marzo de 2017, decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 6.949,92 euros de principal, máis 694,92 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza