Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 8 de marzo de 2017 polo que se notifica a resolución de perda do dereito ao cobramento (expediente L11-41300-25-0031).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de perda do dereito ao cobramento do expediente L11-41300-25-0031.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias da Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: L11-41300-25-0031.

Interesada: Tanatorios Pombo Vázquez, S.L.

Acto que se notifica: resolución de perda do dereito ao cobramento do expediente L11-41300-25-0031.

Último domicilio coñecido: rúa Doutor Fleming, nº 17, Carballo, 15100 A Coruña.