Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifican resolucións ditadas dos recursos de reposición interpostos contra resolucións de procedementos de reintegro de subvencións no expediente de axudas de carácter socioeconómico PE 113D/2015-83-0 e dous máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentadas sen éxito, as notificacións persoais dúas veces a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, por medio do presente anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU), do Boletín Oficial del Estado, os actos administrativos sinalados no anexo. A eficacia dos actos notificados producirase coa súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos das persoas interesadas, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio nos seus taboleiros de edictos.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das resolucións e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: José Daniel Lourido Gayoso.

NIF: 36062473Z.

Número de expediente SXPA: PE 113D/2015-83-0.

Proxecto: axuda de carácter socioeconómico, prima non renovable.

Acto de notificación: resolución do recurso de reposición interposto contra resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada con data 21 de xuño de 2016.

Último enderezo coñecido: Novo Tinglado Xeral de Empaque, of. 11, porto pesqueiro, 36202 Vigo (Pontevedra).

Beneficiario: Ndong, Birama.

NIE: Y0195271S.

Número de expediente SXPA: PE 113D/2015-87-0.

Proxecto: axuda de carácter socioeconómico, prima non renovable.

Acto de notificación: resolución do recurso de reposición interposto contra resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada con data 21 de xuño de 2016.

Último enderezo coñecido: Novo Tinglado Xeral de Empaque, of. 11, porto pesqueiro, 36202 Vigo (Pontevedra).

Beneficiario: Hashas, El Mostafa.

NIE: X7431761R.

Número de expediente SXPA: PE 113D/2015-116-0.

Proxecto: axuda de carácter socioeconómico, prima non renovable.

Acto de notificación: resolución do recurso de reposición interposto contra resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada con data 28 de xuño de 2016.

Último enderezo coñecido: rúa Fonte Ferreira, 2, 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra).