Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13581

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (597/2015).

Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, polo presente anuncio:

No presente procedemento de filiación nº 597/2015 seguido por instancia de Ana María Framiñán Toimil fronte a Xavier Brandido Sánchez, Adrián Brandido Sánchez, Julio Brandido Navaza, Manuel Brandido Gutiérrez, Javier Brandido Navaza, María Cruz González Balado, Margarita González Brandido, María Ángeles Brandido Arribas, Carlos Brandido Gutiérrez, Teresa Brandido Gutiérrez, Roberto Manuel Brandido, Inés Brandido Fernández, Diego Brandido Fernández e herdeiros descoñecidos de Augusto González Brandido, se ditou sentenza con data do 17 de febreiro de 2017, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estimo a demanda presentada por Ana María Framiñán Toimil fronte aos sucesores de Manuel Jesús Brandido Palmaz indicados no encabezamento desta resolución e, en consecuencia, declaro que Ana María Framiñán Toimil, nacida en Botos, Lalín, o 7 de setembro de 1944 e inscrita co nome de Ana María Hortensia Framiñán Toimil, é filla non matrimonial de Manuel Jesús Brandido Palmaz, declarado falecido por medio de auto do 6 de setembro de 2002 ditado por este xulgado no expediente de declaración de falecemento 169/2002, producindo esta declaración todos os efectos legais que lle son propios.

Practíquese a inscrición da paternidade declarada no Rexistro Civil sen modificar os apelidos de Ana María Framiñán Toimil polo seu expreso desexo.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contado desde o seguinte á notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso haberá de acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Lalín».

E encontrándose os demandados Roberto Manuel Brandido, Inés Brandido Fernández, Diego Brandido Fernández e herdeiros descoñecidos de Augusto González Brandido, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 17 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza