Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención para o fomento da forestación de terras non agrícolas 11320031/2011.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución dun procedemento para declarar a perda parcial do dereito ao cobramento da prima de mantemento da anualidade 2015 relativa ao expediente de subvención número 11320031/2011 (Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2011 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédese á interesada o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á notificación da resolución, no cal poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda parcial do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 11320031/2011.

Interesada: Agrupación de propietarios P. Fenteira-Picotiño.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Boullosa, s/n, Vilamaior da Boullosa (Santa María), Baltar, 32632 Ourense.