Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do acordo marco cun único empresario para a subministración de compoñentes do equipamento de protección individual (EPI) para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia, durante os anos 2016, 2017 e 2018 (expediente 39/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de complementos para o equipamento de protección individual para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=69982

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 14 de outubro, BOE do 19 de outubro e DOG do 21 de outubro de 2016.

e) División por lotes e número: si. Lote 1: bota. Lote 2: chaqueta e pantalón. Lote 3: camiseta. Lote 4: casco. Lote 5: lentes. Lote 6: luvas. Lote 7: máscaras antifume. Lote 8: cubrecalugas ou protectores de colo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.457.610 €, IVE (21 %): 306.098,10 €. Importe total: 1.763.708,10 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.603.371 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: bota.

a) Data de adxudicación: 30 de xaneiro de 2017.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe máximo contractual de 193.200 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 92 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 2: chaqueta e pantalón.

a) Data de adxudicación: 30 de xaneiro de 2017.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe máximo contractual de 734.790 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 174,95 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 3: camiseta.

a) Data de adxudicación: 30 de xaneiro de 2017.

b) Adxudicataria: Oroel, S.A.

c) Importe máximo contractual de 115.332 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 13,73 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 4: casco.

a) Data de adxudicación: 14 de decembro de 2016.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe máximo contractual de 102.900 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 98 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 6 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 5: lentes.

a) Data de adxudicación: 14 de decembro de 2016.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe máximo contractual de 57.960 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 18,40 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 6 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 6: luvas.

a) Data de adxudicación: 14 de decembro de 2016.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe máximo contractual de 59.062,50 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 18,75 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 6 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Lote 7: máscaras antifume.

a) Deserto.

Lote 8: cubrecalugas ou protectores de colo.

a) Data de adxudicación: 14 de decembro de 2016.

b) Adxudicataria: Peycar Pontevedra, S.L.

c) Importe máximo contractual de 40.792,50 € (sen IVE), para un prezo unitario ofertado de 12,95 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 6 de febreiro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural