Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais (expediente 9/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver a campaña publicitaria de cara a previr, sensibilizar e conciencia os galegos e galegas das consecuencias que se derivan dos incendios forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: ata o 31 de outubro de 2017.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6 e 79341400-0.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (de xuízo de valor e automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 371.900,82 €; IVE (21 %): 78.099,17 €. Importe total: 450.000,00 €.

Valor estimado: 371.900,82 €.

5. Financiamento: fondos propios da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe, pero se conta coa clasificación grupo T, subgrupo 1, categoría 3, estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: (do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE 18.595,04 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, CP 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=111036

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 10 de abril de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 24 de abril de 2017. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de febreiro de 2017.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural