Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación dos servizos de plataforma para a elaboración de exames, contratación documentalmente simplificada (expediente MA-SER1-17-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MA-SER1-17-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de plataforma para a elaboración de exames para o Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: 2 anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212730-5 e 72317000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios e subcriterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plataforma ofertada

0-30

Sistema de xestión da seguridade

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Prazo de dispoñibilidade da plataforma

0-10

4. Valor estimado do contrato: 207.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 207.000 euros. Importe total: 250.470 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de adxudicación de cada contrato derivado, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver a cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos