Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos clase II a) -código LER 180104-, específicos da actividade sanitaria, xerados no Hospital Arquitecto Marcide e no Hospital Naval desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfono: 981 33 45 14/981 33 67 62/981 33 93 91.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-ASF1-17-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo mixto.

b) Descrición: servizo de xestión de residuos sanitarios non perigosos clase II a) -código LER 180104-, específicos da actividade sanitaria, xerados no Hospital Arquitecto Marcide e no Hospital Naval da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Oferta económica: ata 60 puntos.

– Medios achegados e organización do servizo: ata 20 puntos.

– Frecuencia recollida residuos clase II a): ata 10 puntos.

– Prazo de restablecemento do servizo no caso de avaría: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 159.168,75 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 78.360,00 €; IVE: 7.836,00 €. Importe total: 86.196,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións:

Ferrol, 9 de marzo de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol