Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 66/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 66/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Barral Lago contra Aeroshops, S.L., Dutiifriishops, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Guadalupe Barral Lago, fronte a Aeroshops, S.L., Dutiifriishops, S.L., parte executada, solidariamente, por importe de 1.101,58 euros en concepto de principal (823,59 euros máis 277,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 110,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

«• Requirir as executadas Aeroshops, S.L., Dutiifriishops, S.L. co fin de que no prazo de 10 días aboen solidariamente a cantidade de 1.101,58 euros en concepto de principal (823,59 euros máis 277,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 110,15 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0066 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

• Requirir a Aeroshops, S.L., Dutiifriishops, S.L., co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aeroshops, S.L., Dutiifriishops, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza