Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 24 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 1/2017.

Notifícase á interesada, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a continuación se relaciona no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada podrá interpor recurso de alzada ante a secretaria xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de PACAP, e no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º de Ourense.

Ourense, 24 de febreiro de 2017

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

Nome/Razón social

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da

resolución

Importe da sanción

1/2017

I322016000022406

Stadium Rest, S.L.

B32464331

R/ Ramón Piñeiro, 7, 32001 Ourense

8.2.2017

626,00 €