Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2017 Páx. 13499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación do expediente sancionador IN635C 2017/32-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN635C 2017/32-1.

Interesada: Energía y Servicios Energéticos Plus, S.A.

CIF: A70281217.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Santiago de Compostela.

Expediente: IN 635C 2017/17-1.

Interesada: Torasa Gestión Obras y Servicios, S.L.

CIF: B70268867.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Cambre.

Expediente: IN 635C 2017/9-1.

Interesada: Belén Rumbo Vázquez.

CIF: B15966898.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Culleredo.

Expediente: SAI IN 2016/193.

Interesada: Villar Arribi, S.L.

CIF: B15812522.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Ayuntamiento: Cedeira.