Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13343

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación do servizo de limpeza.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de limpeza para o IMCE no Coliseum, teatro Rosalía Castro e quiosco da praza de Ourense.

3. Prezo do contrato: contía máxima anual 115.000,00 €, IVE incluído. Valor estimado do contrato: 230.000,00 €, IVE incluído, tendo en conta a súa duración e posible prórroga.

4. Duración do contrato: un ano desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por outro ano ata un máximo de dous, incluídos o período inicial e a prórroga.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Solvencia: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de 15 días naturales desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, que finaliza ás 13.00 horas. No suposto de resultar sábado, domingo ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE avenida A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil do contratante www.coruna.es

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

Presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos