Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13345

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO de licitación, mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios, da xestión do complexo acuático de Monterrei para a campaña de verán 2017 (O Pereiro de Aguiar, Ourense).

1. Entidade adxudicadora: Fundación Deporte Galego.

2. Obxecto do contrato:

– Tipo de contrato: servizos.

– Descrición do obxecto: contrato de xestión do complexo acuático de Monterrei para a campaña de verán 2017 (O Pereiro de Aguiar-Ourense).

– Prazo de execución: tres meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

– Tramitación: ordinaria.

– Procedemento e forma de adxudicación: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

– Importe sen IVE: 58.560,54 euros.

– IVE (21 %): 12.297,71 euros.

– Importe total: 70.858,25 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

– Definitiva: ver punto 6 do prego de condicións particulares.

6. Obtención da documentación: na sede da Fundación Deporte Galego, Edificio EGAP, polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2, 4, 2ª planta, 15781 Santiago de Compostela, ou nas seguintes páxinas web: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.gal. Teléfono: 881 99 63 73.

7. Presentación das ofertas:

– Data límite de presentación: o prazo para a presentación das proposicións finalizará o decimo quinto (15) día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. No caso de que o último día fose inhábil, prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

– Lugar de presentación: na sede da Fundación Deporte Galego. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 3.4º do prego de condicións particulares.

– Documentación que hai que presentar: a estipulada no prego de condicións particulares.

– Criterios de adxudicación: os que figuren no prego de condicións particulares.

8. Apertura das proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar na sala de xuntas da Fundación Deporte Galego na data e hora que serán anunciadas, con tres días hábiles de antelación aos da súa realización, no perfil do contratante: contratosdegalicia.es e deporte.xunta.gal

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

Marta Míguez Telle
Presidenta da Fundación Deporte Galego