Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención ditada no expediente PE 205 B/2009/13-0.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

O interesado poderá comparecer nas oficinas desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiaria: Alimentación Projoscar, S.L.

NIF: B36378974.

Representante: Carlos Manuel Pimenta Chaves (NIF 35318085K).

Número de expediente SXPA: PE 205 B/2009/13-0.

Proxecto: mellora da competitividade produtiva e dos efectos nocivos ao medio na granxa mariña de Tragove.

Acto de notificación: resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada o 23 de xaneiro de 2017.

Último enderezo coñecido: Coirón, 106, Dena 36967 Meaño (Pontevedra).