Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 9 marzo de 2017, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer unha poxa pública dos bens e dereitos que se describen.

De conformidade co Acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 14 de febreiro de 2017, infórmase que o día 30 de marzo de 2017, ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

NIF

Nome

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

2

32827276C

Alonso Castro, Ramón

Pleno dominio con carácter privativo da vivenda unifamiliar número 4 da rúa da Golondrina, sita na parroquia das Encrobas, concello de Cerceda. Forma parte da parcelación O Castelo en Monte Xalo. Composta de baixo cuberta dunha superficie de 66 m2, soto da superficie de 90 m2 e andar baixo da superficie de 142 m2. Consta tamén de rocho e garaxe de 41 m2. Rodeada por todos os seus ventos polo resto do terreo sen edificar. Superficie total: 1.500 m2. Referencia catastral. 8458906NH4885n0001PD. Predio número 9732. Rexistro da Propiedade de Ordes.

170.628,50

115.603,00

55.025,50

100

5

B70161757

Bera y Tres, S.L.

Pleno dominio con carácter privativo da nave industrial agroalimentaria sita na parroquia de San Mamede de Rois, lugar de Taboa, concello de Rois. Composta dun só andar cunha superficie construída total de 823 m2. Dela 422,52 m2 corresponden á zona de produción, 55,56 m2 corresponden á zona de oficinas e 344,20 m2 á zona de almacén. As tres zonas están independizadas e comunicadas entre si. Ten como anexo e para o seu servizo o resto do terreo de 2.481 m2. Inscrita no Rexistro da propiedade de Padrón de número de predio 8733.

67.255,56

28.652,00

38.603,56

100

6

32409658J

Berdiñas Varela, Aurelio Manuel

28,31 por cento do pleno dominio con carácter privativo de predio urbano, parcela de resultado G-2 do cuarteirón G, polígono H9.11 Fariña Ferreiro da Coruña. Parcela rectangular, conformada por unha superficie entre aliñacións de 388,02 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 6 de número de predio 20230.

436.328,40

Non constan

436.328,40

500

7

32409658J

Berdiñas Varela, Aurelio Manuel

12,20 por cento do pleno dominio con carácter privativo de predio urbano, parcela en subsolo, que se corresponde en parte coas parcelas G-1, G-2 e G-0 das de resultado do polígono H9.11 Fariña Ferreiro da Coruña. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 6 de número de predio 20236, de superficie 2.667,45 m2.

16.526,51

Non constan

16.526,51

500

8

52935395K

Caamaño Bouzas, Francisco Javier

Pleno dominio con carácter privativo por título de pacto de mellora do labradío de nome Espadenal, sito no lugar de Cercías, parroquia do Xobre, concello da Pobra do Caramiñal, de superficie de 5 áreas e 25 centiáreas. Rexistro da Propiedade de Noia de número de predio 6696.

1.203,30

60,00

1.143,30

100

9-1

34888820M

Caamaño Maceiras, Alexandre

Núa propiedade con carácter privativo de predio urbano correspondente a monte denominado Maeda, na parroquia de San Vicente de Elviña da cidade da Coruña de superficie 3.100 m2, no cal está construído un chalé que, segundo a información da Zona de Recadación, non consta rexistrado. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Coruña 2 de número de predio 56213. Referencia catastral 8572701NH4987S0001SF.

485.092,98

104.828,21

380.264,74

500

9-2

34888820M

Caamaño Maceiras, Alexandre

9-3

34888818A

Caamaño Maceiras, Conrado

12

33218894V

Casal Lameiro, Aurelia

Pleno dominio con carácter privativo. Leira labradío e monte de nome Agra de Fóra, sita na concentración Luaña e Cornanda, na localidade de Brión, concello de Brión, na provincia da Coruña, dunha superficie de 2.615. Linda ao norte con camiño existente, ao sur con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria, ao leste co predio formado por división adxudicada a Jaime José Casal Lameiro e ao oeste coa zona excluída. Rexistro da Propiedade de Negreira de número de predio 16403.

2.382,73

Non constan

2.382,73

100

16

76369877X

Marín García, María

Dereitos hereditarios derivados da herdanza de José Marín López, a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada perante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio urbano, a almacén ou estacionamento, sita na rúa Obra, número 4, andar de soto, porta A, no concello de Sada, cunha superficie construída de 248 m2. A súa referencia catastral é 0799502NJ6000S0001ZP, predio 11825 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

51.724,96

Non constan

51.724,96

100

17

76369877X

Marín García, María

Pleno dominio adquirido por herdanza de José Marín López, a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada perante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio a labradío sita no lugar de Lendoiro, concello de Cambre, na provincia da Coruña, dunha superficie de 589 m2. A súa referencia catastral é a 8947063NH5964N0001ST. Embargo anotado por suspensión.

8.219,93

Non constan

8.219,93

100

18

76369877X

Marín García, María

Pleno dominio adquirido por herdanza de José Marín López, a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada perante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio urbano a uso residencial, sito no lugar de Mandín, número 22, no concello de Sada, na provincia da Coruña, dunha superficie construída de 1.311 m2. A súa referencia catastral é 7477602NH5977N0001FF. Embargo anotado por suspensión.

403.778,40

Non constan

403.778,40

500

19

76369877X

Marín García, María

Pleno dominio adquirido por herdanza de José Marín López, a través de acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato outorgada perante o notario Andrés Cancela Ramírez de Arellano o 22 de agosto de 2007 (protocolo 1607), de predio a labradío sito no lugar de Moruxo, número 128, no concello de Bergondo, na provincia da Coruña, dunha superficie de 519 m2, cunha superficie construída, a vivenda, de 138 m2. A súa referencia catastral é 000800400NH69G0001IS. Embargo anotado por suspensión.

45.401,20

Non constan

45.401,20

100

20

32313656J

Martínez Fuentes, Alfonso

Pleno dominio con carácter privativo do almacén sito nun edificio na estrada de Fisterra número 48, esc. 1, andar +1, A, no concello de Zas, A Coruña. De superficie construída de 209 m2. Inscrita por suspensión no Rexistro da Propiedade de Corcubión; predio castastral: 3174922NH0737S0011QS.

47.056,35

Non constan

47.056,35

100

21-1

44805178M

Otero Amenal, José

2/3 partes do pleno dominio por título de herdanza segundo escritura de partición de herdanza ante o notario Manuel-Julio Reigada Montoto, da parcela número 250 da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Loureda, concello de Boqueixón. Labradío e monte no lugar de Carballiño, de 39 áreas e 55 centiáreas. Sobre este predio existe unha casa que consta de andar baixo de 170 m2 e un pendello anexo da extensión de 76 m2. Predio 16932 Rexistro da Propiedade de Santiago 1.

115.531,78

Non constan

115.531,78

500

21-2

33293531L

Otero Amenal, Ramón

26

B15390438

Promociones Fonte Abad, S.L.

Pleno dominio con carácter privativo do local comercial sito na rúa Mercado 1, andar baixo, porta 3-A, no concello de Guitiriz. De superficie útil de 111,50 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba de número de predio 10466.

47.098,67

28.629,00

18.469,67

100

27

52457904X

Rial Cadillo, Miguel Ángel

Vehículo Skoda Fabia 1.9 bastidor TMBPS26Y233736037. Matrícula 2105CLN.

1.010,00

Non constan

1.010,00

50

28

B15270721

Unión Atalaya, S.L.

2/209 avas partes do pleno dominio por título de propiedade horizontal do local destinado a garaxes e rochos que comprende a totalidade do andar de soto segundo da súa denominación, nunha edificación no ámbito da U.A. 39, 40 e 41 en Acea de Ama, concello de Culleredo, que forman parte do cuarteirón delimitado pola rúa Fernando Pérez de Traba, rúa Ribados e os accesos a espacios libres no interior do cuarteirón. De superficie construída total de 2.148,35 m2. Está formada por 43 prazas de aparcamentos numeradas do 1 ao 43 e 80 rochos, numerados do 1 ao 80. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 3, de número de predio 33287. Referencia catastral 1263172NH5916S0001LR.

6.199,94

Non constan

6.199,94

0

29

32588082A

Vázquez Amado, Ramiro

Pleno dominio de predio urbano sito no entresollado, a usos comerciais, no primeiro andar do edificio sito número 25, segundo información rexistral, da rúa Galiano de Ferrol, de superficie 116,82 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, número de predio 33402. Referencia catastral 2452102NJ6125S0006MZ.

98.405,70

Non constan

98.405,70

100

30

32588082A

Vázquez Amado, Ramiro

Pleno dominio de predio urbano, a usos comerciais, en andar de soto do edificio sito número 25, segundo información rexistral, da rúa Galiano de Ferrol de superficie 128,7 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, número de predio 33400. Referencia catastral 245210NJ6125S0002LJ.

31.269,81

Non constan

31.269,81

100

31

32588082A

Vázquez Amado, Ramiro

Pleno dominio de predio urbano, a usos comerciais, no andar baixo do edificio sito número 25, segundo información rexistral, da rúa Galiano de Ferrol de superficie 148,5 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, número de predio 3340. Referencia catastral 2452102NJ6125S00004ZL.

107.752,70

Non constan

107.752,70

100

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se haberá que conformar sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria e, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderase reducir este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo máximo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao rematar o prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder a adxudicar os bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

Julián Benavides Delgado
Recadador da zona da Coruña