Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2017 Páx. 13254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (759/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 759/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Jesús Suárez Rodríguez contra o Fondo de Garantía Salarial e Estudios del Noroeste, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 759/2014.

Demandante: María Jesús Suárez Rodríguez.

Demandada: Estudos do Noroeste, S.A.

Fogasa:

Sentenza nº 87/2014.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

Resolución:

Acepto a demanda formulada por María Jesús Suárez Rodríguez fronte a Estudios del Noroeste, S.A. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar á primeira a cantidade de 3.725,50 euros por indemnización por despedimento obxectivo debida, así como o xuro de mora do 10 % de conformidade co artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia, ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estudios del Noroeste, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza