Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (43/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2017 deste xulgado do social, seguidos a instancia de José Antonio Labandeira Grille contra a empresa Galicarbo, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución, na que se acorda citar Galicarbo, S.L., como parte demandada para a comparecencia sinalada o próximo día 29 de marzo de 2017, ás 9.20 horas.

«Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/os acto/s da comparecencia, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o Tribunal o admite, contestar ás preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora na que debe comparecer:

Sinálase o día 29 de marzo de 2017, ás 9.20 horas, para a celebración da comparecencia, na planta baixa, sala 3, Edificio Rúa Berlín, s/n, sala de vistas, número 1.

Prevencións legais:

1. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3. Debe asistir ao acto da comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco (5) días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, habendo de practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LEC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, no seu caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

5. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos que se lle convoca (artigo 183 da LEC).

6. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no art. 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder de quince (15) días.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicarbo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza