Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 12997

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4476/2016).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4476/2016

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 210/2016 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrente: Manuel Campos Porto

Graduado social: Sandra Cid Conde

Recorridos: Fogasa, Construcciones Obras y Viales, S.A. (COVSA), Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., Transportes Internos y Maquinaria, S.L., Copisa, UTE Túnel de la Canda Vía Izquierda, UTE Acceso Montecelo, Copasa

Avogados: Fogasa, (…), (…), (…), José Luis Suárez-Vence Legeren, (…), (…)

Procuradores: (…), Jesús Marquina Fernández

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4476/2016, seguido por instancia de Manuel Campos Porto contra Fogasa, Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA), Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., Transportes Internos y Maquinaria, S.L., Copisa, UTE Túnel de la Canda Vía Izquierda, UTE Acceso Montecelo, Copasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Campos Porto contra a Sentenza do 8 de agosto de 2016 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a UTE Túnel de la Canda Vía Izquierda, integrada polas entidades mercantís Sociedad Anónima de Obras y Servicios (Copasa), Construcciones Obras y Viales Sociedad Anónima e Copisa Constructora Pirenaica Sociedad Anónima, a entidade mercantil Sercoysa Proyectos u Obras Sociedad Anónima, a UTE Acceso a Montecelo e a entidade mercantil Transportes Internos y Maquinaria Sociedad Limitada, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que lle sirva de notificación en legal forma a UTE Acceso Montecelo, con último domicilio coñecido no Polígono O Campiño, Pontevedra, actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG, e advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza