Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Donas Peixe, S. Coop. Galega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establecen a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 4 dos estatutos sociais (cambio de domicilio), da entidade Donas Peixe, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 2 de xaneiro de 2017 por unanimidade. Consta como novo domicilio social no Castrillón, Coiro, 9C, concello de Cangas.

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 4 dos estatutos (cambio de domicilio social) da entidade Donas Peixe, S. Coop. Galega.

Vigo, 28 de febreiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra