Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de marzo de 2017 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución ditada no procedemento sancionador incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LEV/3/16).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución no procedemento administrativo sancionador que se indica, incoado por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG). Na dita resolución, con imposición de sanción de multa nos casos que se indican (sinálase «resolución sancionadora»), terase en conta que, unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, se procederá ao cobramento por vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal desta resolución, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderá realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo da Delegación Provincial da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa e pode interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia. O prazo de interposición do dito recurso será dun mes, computado desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: LEV/3/16. Ref. bis: 173/15. Pontevedra.

Interesado: João Paulo de Magalhães Rodrigues.

Último enderezo coñecido: Ponte Caldelas.

Feitos: rehabilitación de peche diáfano sen autorización.

Estrada: PO-532, Pontevedra-Ponte Caldelas, p.q. 13+480.

Resolución: sancionadora.