Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-01-2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-01-2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das dependencias e instalacións dos diversos edificios municipais.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación e valor estimado.

Prezo anual: 160.154,86 € sen IVE; máis o IVE (21 %): 33.632,52 €; 193.787,38 €, IVE incluído. Valor estimado do contrato: 480.464,58 €.

5. Duración.

Dous anos desde a sinatura do contrato, con posibilidade de prórroga por un ano máis.

6. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

7. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

8. Clasificación do contratista.

Non se exixe. Clasificación para efectos do disposto no artigo 65.1.b) do texto refundido da Lei de contratos do sector público: grupo U, subgrupo 1, categoría 2.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 17.4.2017.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 13ª do prego de cláusulas administrativas particulares que deberán de rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

10. Solvencia económico-financeira e técnica.

10.1. Solvencia económica: acreditación e mínimo: o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos deberá ser, polo menos, de 240.232,29 euros. Artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001.

10.2. Solvencia técnica: acreditación e mínimo: relación dos traballos efectuados nos últimos cinco anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza a que corresponde o obxecto do contrato; artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001. Requirirase que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 112.108,40 €.

11. Criterios de adxudicación do contrato.

11.1. Planificación do traballo: ata 20 puntos, cláusula 18.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11.2. Oferta económica: ata 40 puntos, cláusula 18.2.2 do PCAP.

11.3. Bolsa de horas anuais a maiores das previstas no prego: ata 15 puntos, cláusula 18.2.3 do PCAP.

12. Apertura das ofertas.

Data e hora: 24.4.2017, ás 13.00 horas.

13. Outras informacións.

Obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 7 deste anuncio.

14. Gastos do adxudicatario.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

15. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6.3.2017.

Bergondo, 8 de marzo de 2017

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa