Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se amplía o prazo de presentación de proposicións da contratación da subministración sucesiva de próteses de cadeira con destino aos centros hospitalarios (expediente MA-SER1-16-003).

En relación coa convocatoria publicada no DOUE núm. 2017/S 021-036087, con data do 31 de xaneiro de 2017, pola que se publicou a contratación da subministración sucesiva de próteses de cadeira con destino aos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 21 de marzo de 2017.

A apertura do sobre B terá lugar o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ao de finalización da presentación das ofertas, ás 9.00 horas a.m., na sala 2.1 do Edificio Administrativo San Lázaro.

Permanecen inalterados o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos