Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (636/2015).

Seguridad social 636/2015

Sobre: seguridad social. Demandante: Ghenadi Solonenco

Avogado: Francisco Javier Ramas Ramírez

Demandados: Mutua Fremap de Accidentes de Trabajo y Seguridad Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Aislamientos David Rodríguez, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 636/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ghenadi Solonenco contra a Mutua Fremap de Accidentes de Trabajo y Seguridad Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Aislamientos David Rodríguez, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa decisión di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Ghenadi Solonenco contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a entidade Aislamientos David Rodríguez, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a demandada das pretensións contra ela articuladas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para tramitar o recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Aislamientos David Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza