Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica unha resolución relativa a unha execución de sentenza que afecta a concentración parcelaria dos Blancos (Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Pascual Castro Barrio

Execución de sentenza

Os Blancos (Os Blancos-Ourense)

Benigna Estévez Cerradelo

Execución de sentenza

Os Blancos (Os Blancos-Ourense)