De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, quedando a eficacia deste supeditada a esa publicación.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Ourense, 1 de marzo de 2017
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia.
Interesados: herdeiros de Ramón Cid González, C.B., E70175633.
Acto de notificación: comunicación do arquivo da solicitude por falta de documentación.