Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2017 Páx. 12830

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4717/2016).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4717/2016 BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 414/2016 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Flozep Tech, S.L.

Avogado: Josep Serra Ruaix

Procurador: Gabriel Arambillet Palacio

Recorridos: Fogasa, Mónica Santos Carrillo, Perroflauta Producciones, S.L., Maboi Rrhh, S.L.

Avogados: Fogasa, María Sol Romero Salgado

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4717/2016 desta sección, seguido por instancia de Flozep Tech, S.L. contra a empresa Fogasa, Mónica Santos Carrillo, Perroflauta Producciones, S.L., Maboi RRHH, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que con desestimación do recurso interposto pola empresa Flozep Tech, S.L., confirmamos a sentenza que con data 15 de xullo de 2016 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, por instancia de Mónica Santos Carrillo, e pola que se acolleu a demanda formulada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maboi RRHH, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza