Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (801/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 801/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Abonjo Gómez contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza 801/2016, do 17 de febreiro de 2017, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo que, estimando a demanda formulada por Jesús Abonjo Gómez, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 2.177,25 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 56,55 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, o 9 de setembro de 2016, ata a data desta sentenza, por importe de 9.104,55 euros, máis o importe de 848,25 euros como indemnización por falta de aviso previo, máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) por mora. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de Reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza