Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12555

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 26/2017, do 3 de marzo, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG núm. 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola Confederación de Empresarios de Galicia o 22 de febreiro de 2017,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cesen como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, as seguintes persoas:

– Eugenio Geijo Carril.

– Fausto Santamarina Fernández.

– Rafael Serrano Hernández.

Santiago de Compostela, tres de marzo de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente