Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual da ordenanza especial OE-5 Galeras do Plan xeral de ordenación municipal, no ámbito do antigo hospital.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de xaneiro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a Modificación puntual da ordenanza especial OE-5 Galeras do PXOM, no ámbito do antigo hospital, segundo o proxecto formulado pola Sección Municipal de Planeamento, ao que se incorporará a limitación do uso comercial á categoría 2ª das definidas no Plan xeral (artigo 109 do PXOM).

Segundo. Someter o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A documentación sometida a información pública abranguerá todos os documentos do expediente tramitado, e incluirá:

– O resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana.

– A Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 5 de setembro de 2016, pola que se formula o informe ambiental estratéxico.

Terceiro. En cumprimento do que dispón o punto 7 do artigo 60 da LSG, o concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, co fin de que este órgano outorgue audiencia aos municipios limítrofes e solicite os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.

Este acordo de aprobación inicial determina ex lege, por aplicación do artigo 47.2 da LSG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas. Na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/planeamento-en-tramitacion/ poderase consultar a documentación sometida a información pública.

Santiago de Compostela, 1 febreiro de 2017

O alcalde
P.D. (DEC/3997/2015, do 18 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns,
Dereito á Vivenda e Mobilidade