Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública da modificación do Plan parcial do sector de solo urbanizable Monte Balado.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 8 de febreiro de 2017, acordou aprobar inicialmente o documento denominado modificado do Plan parcial do sector de solo urbanizable Monte Balado, redactado pola arquitecta municipal e polo asesor xurídico urbanístico do concello, con data do 2 de febreiro de 2017.

En cumprimento do artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

A documentación da modificación do Plan parcial pódese consultar no Departamento de Urbanismo, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Brión, 20 de febreiro de 2017

José Luis García García
Alcalde