Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de aclaración da sentenza (351/2016 bis).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 351/2016 (bis) por instancia de Rocío Mosquera Liñares contra a empresa Confecciones Deus, S.L., a empresa Strass Textil, S.L., as empresas Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L., Perseo Textil, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confección Ideal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza o 7.2.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Sentenza

Na Coruña o 11 de xaneiro de 2017

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 351/2016, en que figura como demandante Rocío Mosquera Liñares, asistida polo letrado Sr. Gende Periscal, e, doutro, como demandadas, a empresa Confecciones Deus, S.L., asistida polo letrado Sr. García Vilaboy, a empresa Strass Textil, S.L., asistida pola letrada Sra. Vasallo Rapela, e as empresas Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. Costura Invisible, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confección Ideal, S.L., sen que ningunha delas compareza, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que tampouco comparece, sobre resolución de contrato e cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei a seguinte sentenza.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Vainica Dobre, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Deus Deluxe, S.L., Strass Textil, S.L., Bendita Costura, S.L. e Pedracapela, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

A secretaria xudicial