Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da redacción do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e a redacción do proxecto básico e de execución da fase I (expediente AB-SER3-16-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-16-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación da redacción do plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e redacción do proxecto básico e de execución da fase I.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00, 71.24.00.00, 71.24.30.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE 2016/S 164-295277; BOE núm. 215, do 2 de setembro de 2016; DOG núm. 163, do 30 de agosto; na web do Servizo Galego de Saúde e Plataforma de contratos de Galicia o 30 de agosto.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 555.622,86 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 555.622,86 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 672.303,66 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 21 de febreiro de 2017.

c) Contratista: López-Fando y Asociados, S.L.P.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto 393.217,74 €. IVA (%) 21 %. Importe total 475.793,47 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos