Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2017 Páx. 12536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de transporte de persoal sanitario desde os puntos de atención continuada (PAC) sitos nos centros de saúde dependentes desta xerencia (expediente AB-EIP1-17-010).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de persoal sanitario desde os puntos de atención continuada (PAC), sitos nos centros de saúde dependentes da EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes: nove.

d) Lugar de execución/entrega: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

1º. Domicilio: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 60100000-9; 60130000-8; 60140000-1 e 60120000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e unicriterio.

c) Criterios de adxudicación: oferta económica, ata 100 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 394.222,32 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 197.111,16 €.

b) Importe total: 216.822,31 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

Solvencia económica e financeira. Criterio: bastará que nun dos tres últimos exercicios se supere a contía (IVE excluído) do lote ou lotes (suma total) dos importes de licitación dos que resulte adxudicatario.

Lote 1: 39.994,45 €; lote 2: 16.375,57 €; lote 3: 19.218,68 €; lote 4: 19.787,33 €; lote 5: 14.783,56 €; lote 6: 17.777,78 €; lote 7: 15.238,45 €; lote 8: 21.151,78 €; lote 9: 32.783,56 €.

Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de polo menos un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato e cuxos importes superen a cuantía (IVE excluído) do lote ou lotes (suma total) dos importes de licitación anual dos que resulte adxudicatario.

Lote 1: 19.997,22 €; lote 2: 8.187,78 €; lote 3: 9.609,34 €; lote 4: 9.893,67 €; lote 5: 7.391,78 €; lote 6: 8.888,89 €; lote 7: 7.619,22 €; lote 8: 10.575,89 €; lote 9: 16.391,78 €.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 3.4.2017.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura do sobre B e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e hora da apertura do sobre B publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21.2.2017.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2017

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés